O sábado, 12 de setembro de 2026, de 22:00 a 01:00 h, achegarémonos a Guitiriz para descubrir as posibilidades que nos ofrece a fotografía do ceo nocturno. Da man do noso socio Juan del Río, fotógrafo e apaixonado pola fotografía nocturna, aprenderemos os primeiros pasos para fotografar as estrelas e a Vía Láctea, coñecendo como preparar a nosa cámara e como aproveitar as condicións do ceo para conseguir as mellores imaxes.
A noite será especialmente axeitada para esta actividade, xa que coincidiremos coa lúa nova e cun dos momentos do ano nos que aínda podemos observar o centro galáctico da Vía Láctea. Aproveitaremos así unha noite de ceo escuro para aprender a mirar o firmamento desde outra perspectiva e descubrir como as nosas cámaras poden axudarnos a captar e conservar a beleza do ceo nocturno.
Durante o obradoiro tamén experimentaremos con diferentes equipos fotográficos, empregando cámaras réflex e trípodes para coñecer de primeira man as posibilidades que ofrecen na fotografía nocturna. Ademais, aprenderemos que non é necesario contar con equipamento profesional para comezar, xa que tamén veremos como configurar e utilizar o noso móbil para conseguir boas fotografías do ceo nocturno.
Esta actividade forma parte de Hábitat Protexe. A cota de inscrición destinarase á Custodia do Territorio e á Defensa Ambiental a través do Proxecto Vixías, unha iniciativa coa que desde G.N. Hábitat queremos seguir traballando para protexer os nosos espazos naturais e a biodiversidade das constantes perturbacións ás que se ven sometidos.
- Socios/as do G.N. Hábitat:
- Menores de 18 anos: 5 €
- Maiores de 18 anos: 10 €
- Non socios/as do G.N. Hábitat:
- Menores de 18 anos: 10 €
- Maiores de 18 anos: 15 €
Para participar é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment