O lixo abandonado no medio natural constitúe un grave problema ambiental que afecta especialmente aos espazos costeiros e aos ecosistemas de transición entre a terra e o mar. 

Durante a fin de semana recibimos varios avisos sobre a acumulación de lixo na marxe esquerda da ría do Burgo (Culleredo). Ante esta situación, organizamos unha nova xornada de voluntariado o luns 7 de setembro de 2026 ás 17:30 h para retirar os residuos presentes nesta zona e contribuír á conservación deste importante enclave do Golfo Ártabro. 

A xornada permitirá, ademais de colaborar na limpeza do espazo, coñecer mellor a importancia dos estuarios e marismas como ecosistemas de transición entre o medio terrestre e o mariño. Cómpre lembrar que arredor do 80% do lixo mariño ten a súa orixe en terra, polo que actuar nestes espazos resulta fundamental para evitar que os residuos cheguen ao mar.

A participación é de balde e aberta a todos os públicos, previa reserva de praza (inscrición) a través do seguinte formulario habilitado:

 

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía e-mail recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade, e contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada.

Esta actividade forma parte do proxecto “Estudo e divulgación do medio mariño e costeiro no GALP GA Sur 2025”, co que GN Hábitat promove a conservación e posta en valor do litoral a través de accións de seguimento ambiental, recuperación de espazos costeiros e actividades de divulgación e sensibilización cidadá. Conta co financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMPA), e pola Xunta de Galicia. 

Dúbidas e comentarios en mares@gnhabitat.org981 135 014

Entre tod@s, melloraremos o planeta!