O programa “Natureza kmØ” volverá á Torre de Hércules este venres, 28 de agosto do 2026, para retomar as tarefas de retirada de especies exóticas invasoras, cunha nova xornada centrada na eliminación da herba do coitelo (Carpobrotus spp.). Nesta ocasión estaremos acompañados por un grupo de persoas usuarias da Asociación Ecos do Sur, institución fundada na Coruña e que dende hai 35 anos defende os dereitos das persoas migrantes e refuxiadas, co obxectivo de garantir un futuro mellor para cada quen. Para isto, ofrece servizos profesionais que facilitan a acollida, o acceso aos dereitos esenciais, o emprego e a participación cidadá.
Dende Hábitat, sensibles a esta circunstancia e sendo os espazos verdes lugares para a acollida das xentes, o lecer, e a aprendizaxe, seguimos así coa nosa aposta por avanzar nunha #naturezainclusiva. Unha motivación que ao longo destes anos nos leva a organizar multitude de accións ambientais prestando especial atención a usuarios, achegados (respiro familiar) e organizacións que traballan con persoas con dispacidade, colectivos vulnerables ou en risco de exclusión, e pola diversidade funcional, promovendo a integración e a participación activa en materia de coñecemento, divulgación e conservación do patrimonio natural.
A xornada será unha estupenda ocasión para continuar avanzando na nosa tarefa de fomentar o coñecemento e a mellora dos hábitats naturais deste emblemático enclave da nosa cidade.

Leave A Comment