O programa “Natureza kmØ” volverá este mércores, 10 de xuño do 2026, á Torre de Hércules, para continuar as tarefas de retirada da especies exóticas invasoras cunha nova xornada centrada na eliminación da herba do coitelo (Carpobrotus spp.). Nesta ocasión estaremos acompañados por membros da asociación Cooperación Internacional e alumnado e docentes do colexio de fomento Montespiño, que virán connosco a investir tempo e esforzos para a conservación deste espazo natural.

*Sabías que as tarefas que desenvolve o G.N.Hábiltat na contorna da Torre están en sintonía co cumprimento dos obxectivos que establece o Plan de Conservación aprobado neste espazo protexido? O Decreto 51/2025, do 16 de xuño, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático aproba o citado Plan, e recolle a presenza das especies invasoras entre as ameazas á contorna, sendo un dos obxectivos xerais o seu control e eliminación a fin da conservación do patrimonio natural. E nós xa chegamos case ás 100 xornadas de traballo avanzando nesta tarefa!