O sábado 9 de maio, en plena primavera, celébrase o primeiro Día Mundial das Aves Migratorias deste 2026 (o segundo será o 10 de outubro, coincidindo coa migración outonal).

Con tal motivo, organizamos dúas actividades para achegarnos a estas intrépidas viaxeiras e coñecer máis en detalle como fan para cruzar países e continentes sen perderse!.

  • Venres 8 de maio ás 19:00 h: faladoiro sobre as migracións das aves, no Edificio de Servizos Múltiples de Culleredo. 
  • Sábado 9 de maio ás 10:30 h: xornada de observación de aves, na ría do Burgo, Culleredo.

A participación é de balde e aberta a todos os públicos, previa reserva de praza (inscrición) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía e-mail recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade, e contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada.

Esta actividade forma parte do proxecto Estudo e divulgación do medio mariño e costeiro no GALP GA Sur 2025, co que GN Hábitat promove a conservación e posta en valor do litoral a través de accións de seguimento ambiental, recuperación de espazos costeiros e actividades de divulgación e sensibilización cidadá. Conta co financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), e pola Xunta de Galicia. 

Dúbidas e comentarios en mares@gnhabitat.org981 135 014

Ven celebrar connosco o Día Mundial das Aves Migratorias!