Entre o 13 e o 26 de abril, o Grupo Naturalista Hábitat súmase á iniciativa 15 días de bolboretas, unha proposta impulsada por Mundo Artrópodo e a Sociedad para la Conservación y el Estudio de las Mariposas en España (SOCEME), que busca achegar á cidadanía ao fascinante mundo das bolboretas e á súa importancia na conservación da biodiversidade.

Ao longo destas semanas organizaremos diferentes actividades divulgativas en distintos puntos de Galicia, combinando saídas de campo e propostas máis creativas para coñecer, observar e aprender sobre estes insectos. Ademais, tamén participaremos nas distintas charlas online que se desenvolverán durante estes días.

A primeira cita será o xoves, 16 de abril, ás 13 h no ENIL Torre de Hércules, cunha actividade de achegamento ás bolboretas neste espazo natural na iniciativa de “Natureza kmØ”.

 

O sábado, 25 de abril, teremos dúas actividades en O Veral (Lugo). En primeiro lugar, a segunda sesión do Caderno de Ilustración Naturalista, de 11 a 18h, na que contaremos coas explicacións sobre bolboretas de Elia Pérez e coa guía da ilustradora Alicia Pacheco (ALO) para aprender a plasmalas no caderno de campo. Esta actividade está dirixida a maiores de 12 anos. 

Prezo da actividade:

  • 25 € para socios/as do G.N. Hábitat e participantes de AGUADAS (taller de ilustración impartido por ALO).
  • 35 € para persoas non socias.

Por outra banda, visitaremos o transecto de O Veral (Lugo), de 11 a 14 h, guiada por Fran Galán e Manuel Cernadas, quenes nos achegarán ao método do seguimento de bolboretas, o Butterfly Monitoring Scheme (BMS).

O domingo, 26 de abril, tamén haberá dúas actividades simultáneas:, a visita ao transecto de Buscás (Ordes), de 11 a 14 h, guiada por Xosé Lesta e Manuel Cernadas; e, no mesmo horario, a actividade Bolboretas da Costa de Dexo, conducida por Javier Río e Elia Pérez. 

Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Unha oportunidade perfecta para descubrir a diversidade de bolboretas, aprender sobre o seu seguimento e gozar da natureza a través da observación e da arte!!