Continuamos no G.N. Hábitat coa xeira de conferencias “Viaxes Naturalistas”, desta volta co noso compañeiro biólogo Cosme Damián Romay, quen, coa axuda dos seus compañeiros de viaxe Juan Gómez Escariz, José Luis Lorenzo “Colón”, Xabier Vázquez Pumariño e Manolo Salas, falaranos sobre unha recente viaxe para a observación de fauna ao Sultanato de Omán.  

Esta actividade conta co apoio de BirdWild Tours: Birding & Wildlife Experiences, empresa especializada en viaxes ornitolóxicos e naturalistas personalizadas en Sierra Morena, Doñana, Extremadura e outros destinos interesantes da Península Ibérica.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro venres, 10 de abril do 2026, ás 20h no local social do G. N. Hábitat. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible. Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014