Este domingo, 8 de febreiro de 2026, de 10:30 a 13:30 h, realizaremos unha ruta interpretativa pola Fraga do Xarío, un exemplo representativo das fragas galegas, cada vez máis escasas. A actividade enmárcase no proxecto Fragas Perdidas e consistirá nun roteiro circular duns 3 km á beira do río Xarío, no que coñeceremos a biodiversidade e as principais características do seu bosque de ribeira.
Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa Hábitat Protexe, e o importe que se recade destinarase á nosa loita contras as agresións ambientais e a conservar os nosos espazos naturais de forma activa.
Os prezos para esta actividade son:
Socios/as G.N. Hábitat:
- Adultos (maiores de 14 anos): 8 €
- Nenos (menores de 14 anos): 5 €
Non Socios/as G.N. Hábitat:
- Adultos (maiores de 14 anos): 10 €
- Nenos (menores de 14 anos): 8 €
As prazas son limitadas. Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat.
Tes ata o sábado, 7 de febreiro, ás 12:00 h, para inscribirte!!!
No correo de reserva de praza recibirás as instrucións para realizar o abono. É importante que lembres que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido.
Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Leave A Comment