O vindeiro domingo, 14 de decembro, e xusto unha semana antes da Maratón CoruñAves 2025, celebraremos unha xornada de iniciación á observación de aves que servirá como preparación desta maratón ornitolóxica, que terá lugar o próximo 21 de decembro, que cumpre xa dezaseis edicións.
Percorreremos o Espazo Natural de Interese Local da Torre de Hércules, comezando ás 10:30h na estatua de Breogán e observando as aves dos distintos hábitats deste recuncho da cidade da Coruña. Remataremos ás 13:30h.
A xornada, aberta ao público, terá un custo de 5€ para as persoas socias do Grupo Naturalista Hábitat e de 8€ para as que non o son. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza a través do formulario habilitado:
A actividade forma parte da iniciativa Hábitat Protexe e os fondos recadados destinaranse a accións de conservación ambiental.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment