O Concello de Arteixo, a través do proxecto “Mar de Sorrizo: dinamización do patrimonio cultural pesqueiro e marítimo de Arteixo”, aposta por transformar a súa costa nun espazo de aprendizaxe vivo. E no marco desta iniciativa, dende Hábitat desenvolveremos un ciclo de cinco obradoiros abertos ao público que combinan natureza, aprendizaxe e acción directa para coidar o noso litoral. Hai propostas para todos os gustos e diferentes públicos! Velaquí o resumo:
- Do colector ao océano (23 agosto): ruta e reflexión sobre o camiño do lixo.
- Do lixo ao arte (29 agosto): crea obras únicas con materiais recollidos do mar.
- A ameaza silenciosa (3 setembro): aprende a identificar especies invasoras.
- Interpretando o litoral (5 setembro): mergúllate no patrimonio natural e cultural da costa arteixana.
- Experiencias que coidan do territorio (12 setembro): deseña propostas turísticas sostibles.
As actividades son abertas, gratuítas, e non requiren coñecementos previos. Así e todo, as prazas son limitadas. Todos os obradoiros darán comezo no Museo Mar de Sorrizo, e combinarán contidos teóricos co coñecemento práctico do territorio.
Toda a información e inscricións na web de Mar de Sorrizo⬇️
Dubidas e comentarios en turismo@arteixo.org, ou no teléfono 676 181 204
Non deixes pasar a oportunidade. Agardámoste!

Leave A Comment