O martes, 5 de agosto, convidámoste a participar nun novo Encontro Naturalista para achegar o patrimonio natural á cidadanía a través de saídas interpretativas. Nesta ocasión, exploraremos a fauna nocturna de Bribes, no concello de Cambre, nun paseo que se desenvolverá entre as 21:30h e as 00:00h.

Durante a actividade faremos un percorrido interpretativo para coñecer algunhas das especies que están activas durante a noite, como morcegos, curuxas ou distintos insectos, como a nosa vacaloura. A través da observación e da escoita, falaremos sobre o seu comportamento, os seus hábitats e os impactos que afectan a estas especies, como a contaminación lumínica ou a perda de hábitat.

Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas e asignaranse por rigorosa orde de inscrición. A reserva non será efectiva ata recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico facilitado no formulario.

Se tes dúbidas ou precisas máis información, podes escribir a inscricion@gnhabitat.org ou chamar ao 981 135 014.

Anímate a participar connosco!