Coa forza simbólica do pasado Día das Letras Galegas, desde o Grupo Naturalista Hábitat e o proxecto A Chave temos a ledicia de presentar o primeiro resultado da nosa colaboración: o volume titulado “Os nomes galegos dos insectívoros, preguizas e colugos”.
🔗 Podes acceder á publicación completa aquí:
Esta obra enmárcase dentro do compromiso conxunto de dar nome en galego aos seres vivos que habitan o noso planeta, contribuíndo así á normalización lingüística no ámbito da ciencia e ao coñecemento da biodiversidade desde unha perspectiva propia e integradora.
📚 E isto é só o comezo. Xa estamos a traballar en novos volumes que verán a luz proximamente. Entre eles, un dedicado ás algas e outro centrado na actualización e ampliación dos nomes galegos das aves do mundo, baseándose na recente publicación da AviList, que unifica as propostas internacionais en taxonomía avifaunística.
Con iniciativas coma esta, seguimos poñendo en valor o poder das palabras para nomear, coñecer e conservar a natureza que nos rodea.

Leave A Comment