O domingo, 18 de maio, sumámonos á celebración do Día Internacional da Fascinación polas Plantas, que ten como obxectivo destacar a importancia das plantas na vida, a ciencia e a cultura. 

Farémolo coa actividade “Explorando a diversidade de fieitos de Galicia” da man de de Eva M. Veiga e Iván R. Buján, dous botánicos coñecedores dos nosos fentos que, durante un paseo pola beira do río Mandeo (Coirós), amosaránnos a riqueza de especies de fentos coas que contamos, moitas delas ben singulares, e seriamente ameazadas.

Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa Hábitat Protexe, e o importe que se recade destinarase á nosa loita contras as agresións ambientais e a conservar os nosos espazos naturais de forma activa

    • Socios/as G.N. Hábitat:
      • Adultos (maiores de 14 anos): 8 €
      • Nenos (menores de 14 anos): 5 €
    • Non Socios/as G.N. Hábitat:
      • Adultos (maiores de 14 anos): 10 €
      • Nenos (menores de 14 anos): 8 €

As prazas son limitadas. Para participar é imprescindible apuntarse a través do formulario habilitado. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o aforo máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat.

 

Tes ata venres, 16 de maio, para inscribirte!!!

No correo de reserva de praza recibirás as instrucións para realizar o abono. É importante que lembres que para formalizar a inscrición nesta actividade é necesario o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido. 

Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!

Colaboramos coa: