Este sábado, 17 de maio do 2025, de 10 a 14:30h, convidámoste a participar nun novo Encontro Naturalista cunha andaina interpretativa pola costa de Doniños, no concello de Ferrol.

Trátase dunha ruta sinxela de aproximadamente 9 km, ideal para todas as idades e pensada para gozar da natureza mentres descubrimos os valores ecolóxicos e paisaxísticos da zona.

O percorrido discorrerá por camiños entre plantacións de piñeiros e matogueira atlántica, ofrecéndonos a oportunidade de coñecer a flora e fauna características destes hábitats costeiros. Ao longo do camiño, tamén poderemos contemplar espectaculares vistas sobre a praia de San Xurxo, situada ao outro lado da enseada de Doniños, así como as illas Gabeiras e a illa Erbosa, puntos de interese tanto xeolóxico como ecolóxico.

A xornada, de balde e aberta ao público. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado.

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Agardámoste!

Colaboramos coa: