Este mércores, 15 de maio do 2025, acompañados polos alumnos e docentes do centro educativo C.P.R. Nebrija Torre de Hércules, realizaremos unha nova xornada ambiental na contorna da Torre de Hércules na que aprenderemos a identificar, recoñecer e respectar a diversidade biolóxica e os hábitats máis representativos deste Espazo Natural de Interese Local.
Unha xornada de descuberta e conversa sobre a fauna, a flora e a situación ambiental deste emblemático enclave da nosa cidade.

Leave A Comment