Este domingo, 23 de febreiro de 2025, de 10:30 a 13:30h, desprazarémonos á contorna do Río Barcés (Abegondo) para realizar unha limpeza de residuos. Moitos destes residuos acaban no río, nun tramo que forma parte da Zona de Especial Conservación (ZEC) Encoro de Abegondo-Cecebre, situada moi preto da área de traballo.

A xornada, de balde e aberta ao público de calquera idade. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Agardámoste!