Este venres tes unha nova cita connosco “Falando de natureza”. Desta volta adentrarémonos nas augas para coñecer en detalle algunhas das impoñentes e enigmáticas baleas presentes na costa atlántica, e faremos un repaso a nosa historia cunha retrospectiva da actividade baleeira en Galicia, cesada na pasada década dos 80 coa prohibición da caza comercial de baleas aprobada pola Comisión Ballenera Internacional.
De todo isto falaranos o Dr. Carlos Nores Quesada – zoólogo, profesor honorario do Instituto de Recursos Naturales y Ordenación del Territorio (INDUROT), Vicepresidente da Fundación Oso Pardo e especialista na bioloxía, distribución e conservación dos mamíferos -, quen nos adianta…
“Suele decirse que la actividad ballenera tradicional gallega ha sido subsidiaria de la vasca, sin embargo, los recientes descubrimientos arqueológicos han demostrado que esta actividad se remonta muchos siglos atrás, en un tiempo en el que el Imperio Romano parece haber tenido un papel muy importante en el impulso de la ballenación ibérica. Nos encontramos en un momento en el que todo lo que sabíamos sobre el tema está empezando a cambiar.”
O relatorio, de balde e aberto ao público, terá lugar o venres 21 de febreiro, ás 20:30h, no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña: ver localización no mapa). Para a asistencia e participación neste formato presencial é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:.
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Agradécese a asistencia do público no local, xa que teremos a sorte de contar connosco ao relator na xornada. Así e todo, se non te podes achegar ou se quedasen as prazas cubertas, tamén poderás conectar libremente ao directo a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito. Rematado o faladoiro daremos paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen recibidas.
Podes seguir o directo na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 13 50 14
Agardámoste!

Leave A Comment