Tras a charla deste mércores con Fernando Cortés-Fossati, quen nos achegou ao alucinante mundo dos artrópodos, este sábado, 9 de novembro do 2024, de 10:30h a 13:30h, teremos un novo Encontros Naturalistas sobre as arañas no outono que podemos atopar na Torre de Hércules (A Coruña), guiado por Sabela Tubío. Con ela descubriremos o abraiantes que son as arañas que nos podemos atopar no outono. Aprenderemos a identificar as distintas especies e a valorar a importante labor que realizan nos nosos ecosistemas.

Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Achégate connosco!