Este sábado, 26 de outubro, levaremos a cabo unha nova xornada de retirada de Carpobrotus edulis na contorna da Torre de Hércules, un Espazo Natural de Interese Local (ENIL) de gran valor ambiental e patrimonial xunto Afundación Obra Social ABANCA. Esta actividade enmárcase dentro do programa “Traballando pola mellora do Patrimonio Natural”, no que o Grupo Naturalista Hábitat colabora dende o ano 2016.
A intervención consiste na eliminación desta planta invasora, coñecida como “uña de gato”, que afecta negativamente á flora autóctona e á biodiversidade deste espazo protexido. Carpobrotus edulis é unha especie invasora que, ao cubrir grandes extensións de terreo, despraza as plantas nativas, alterando o equilibrio ecolóxico da zona.
Os voluntarios e voluntarias de Afundación Obra Social ABANCA levan colaborando dende o ano 2017 nesta importante labor de conservación, retirando especies exóticas invasoras e promovendo a protección da flora e fauna local. O seu esforzo suma ano tras ano máis toneladas retiradas, que xa alcanzamos as 70 toneladas menos desta planta exótica, e pouco a pouco estamos a observar como o ecosistema da Torre de Hércules recupera progresivamente o seu estado natural.
A actividade é aberta ao público de calquera idade, e terá lugar o sábado, 26 de outubro de 2024, de 10:00 a 14:00h. Para asistir e participar, é imprescindible reservar praza mediante inscrición previa a través da web de Actúa Afundación.
As prazas son limitadas, así que non perdas a oportunidade de colaborar!
Agardámoste!

Leave A Comment