A Asociación Micolóxica Coruñesa coa colaboración do GN Hábitat teñen o pracer de anunciar o Curso de iniciación á micoloxía impartido pola nosa compañeira Raquel Poncini Gómez. Este curso, que se desenvolverá todos os luns ata o 2 de decembro no noso local social, ofrece unha visión holística da micoloxía, abordando temas como a bioloxía, ecoloxía, morfoloxía, cultura, historia, medicina e novas aplicacións dos fungos. Raquel Poncini, con máis de 15 anos de experiencia e vicepresidenta da asociación micolóxica dende 2022, guiaravos a través de dez sesións onde afondaremos nas claves de identificación e xéneros dos fungos. Non perdas esta oportunidade única de aprender da man dunha experta apaixonada pola micoloxía.

A xornada, de balde e aberta ao público, terán lugar todos os luns, dende o 23 de setembro ata o 2 de decembro. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Podes consultar o temario das xornadas na seguinte ligazón.

 

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Achégate connosco!