Comprácenos anunciar que neste mes de setembro colaboraremos coa Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) impartindo o curso nomeado “Vinte plantas medicinais comúns”.

Dentro da enorme variedade da flora silvestre galega (máis de 3.000 especies), hai exemplos de plantas ás que se lles atribúen propiedades curativas, por exemplo, diversas afeccións cutáneas, respiratorias e dixestivas. Neste curso achegarémonos á bioloxía e potencialidades medicinais dunha vintena delas, todas habituais no concello da Coruña. Tamén se realizará unha introdución á disciplina que se ocupa da recompilación de coñecementos tradicionais sobre os usos das plantas: a etnobotánica. Este curso pretende: 1) adquirir habilidades en botánica; 2) coñecer as bases de recollida de información no campo, a partir de entrevistas; 3) achegarse á farmacopea e á química relacionada coas plantas; 4) discernir entre a base científica (química) das propiedades medicinais das plantas e as supersticións e as crenzas non científicas. 

O curso é de balde e aberto ao público (prazas limitadas). Para a asistencia e participación é imprescindible a inscripción previa a través do correo <galiciasa@uimp.es>, indicando na inscrición o nome e NIF do interesad@/s.

A formación será teórico/práctica, e se impartirá nas tardes do mércores 11 e xoves 12 de setembro do 2024. As sesións teóricas se desenvolverán nas instalacións da Fundación Luis Seoane-UIMP (Rúa San Francisco, 27. 15001, A Coruña: ver localización no mapa), namentres que as saídas prácticas se levarán a cabo na contorna da Torre de Hércules / Campo da Rata.

Poderás ver toda a información e o programa do curso na seguinte ligazón á web da UIMP

 

Ou se o prefieres, descarga aquí o cartel con toda a información do curso

Non perdas a oportunidade!