Mañá martes, 9 de xullo, levaremos a cabo unha nova xornada ambiental dirixida a promover a integración e a participación activa en materia de coñecemento, divulgación e conservación do patrimonio natural. Visitaremos a contorna do ENIL Torre de Hércules, acompañados un ano máis polos usuari@s do Programa Teranga da Fundación Juan Soñador, que pretende a atención integral ás persoas migrantes, procurando favorecer a inserción sociolaboral dos participantes co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida, velando polos seus dereitos e deberes na sociedade de acollida e sensibilizando na interculturalidade como modelo de cidadanía.

Unha fermosa ocasión para facer da natureza o noso fogar.