Este venres, 21 de xuño, continuaremos apostando pola formación ambiental dos máis novos! Desta volta, convidados polos compañeir@s do CEIP Víctor López Seoane (cos que xa levamos desenvolvidas varias actividades), acudiremos a súa festa de fin de curso organizada pola ANPA FARO para  realizar con eles un obradoiro ambiental sobre aves e caixas niño, do que xa gozaron outros centros educativos. Unha estupenda ocasión para coñecer a importancia destas estruturas elaboradas a prol da biodiversidade, que posibilitan espazos de acubillo e cría para diferentes especies de aves. 

Seguro que será unha estupenda xornada! Grazas de novo pola vosa implicación e compromiso ambiental