O vindeiro mércores, 19 de xuño, da man dos alumnos do CEIP de Zalaeta, realizaremos un obradoiro ambiental sobre aves e caixas niño. Unha xornada dirixida  a coñecer a importancia destas estruturas elaboradas a prol da biodiversidade, que posibilitan espazos de acubillo e cría para diferentes especies de aves. 

Ao longo da mañá os alumn@s aprenderán como estes elementos, correctamente elaborados, instalados e mantidos, poden axudar a suplir a escaseza de refuxios naturais, facilitar a posta en marcha de estudos científicos, ao tempo que permitir o establecemento de certas especies beneficiosas (fauna útil) nun espazo determinado, optimizando a diversidade biolóxica da contorna.

Fomentando futuras xeracións de naturalistas!