No marco do programa Hábitat sen E.E.I., o vindeiro luns, 27 de maio, continuaremos coa loita fronte ás especies exóticas invasoras na contorna do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Torre de Hércules. Desta volta avanzaremos de novo no control da herba do coitelo (Carpobrotus sp.) grazas á colaboración dos alumn@s do C.P.R. Agarimo.

Abofé que será unha estupenda xornada a prol da conservación desta fermosa contorna. Grazas pola vosa implicación, rapaces!