A túa doazón irá destinada á Fundación Fragas do Mandeo

A túa doazón irá destinada á Asociación Galega de Custodia do Territorio

A túa doazón irá destinada á Asociación para a custodia do bosque Atlántico

Libro sobre as árbores de Bonaval.

Autores: Pilar Antelo Docampo, Xaquín Penas Patiño. Ilustrador: Calros Silvar.

Doado por Calros Silvar.

15 €

Experiencia naturalista: Saída de avelaíñas.

Manuel Cernadas e Elia Pérez ofrecen unha saída nocturna (3 horas) a un entorno natural a un grupo de 4-5 persoas, para desfrutar destes fermosos animais, tan descoñecidos como abraiantes.

50 €

Experiencia naturalista: Saída de observación de aves.

Santiago e Óscar Vázquez ofrece unha saída (3 horas) para observar aves nun espazo natural para un grupo de 4-5 persoas, que aprenderán a identificar as especies máis comúns e coñecerán as aventuras que viven todos os anos os nosos queridos paxaros.

40 €

Libro “A Coruña, tan cerca de la naturaleza”.

Editorial Paisajes. Viena Ediciones.

Autor: Luis Manuel Iglesias.

Ano 2006

Doado por Santiago Vázquez.

25 €

Experiencia naturalista: Anelamento científico.

O Grupo de Anelamento Hércules ofrecen unha xornada (3 horas) a Ponteceso a un grupo de 4-5 persoas, para aprender do seu traballo e das aves que eles estudan.

50 €

Experiencia naturalista: Saída a O Veral (Lugo).

Sheila González, Manuel Cernadas e Elia Pérez ofrecen un roteiro naturalista (3 horas) á ruta das Chousas en O Veral (Lugo) a un grupo de 4-5 persoas, para desfrutar das Chousas, a fauna do río Mera e da antiga canteira.

40 €

Libros “Aves da Limia I e II, dende a Lagoa de Antela ata os nosos días”.

Autores: Antonio Villarino, Serafín González e Felipe Bárcena.

Doado por Manu Ruíz.

70 €

Caderno de Natureza de Tundra ediciones (Nº 14): Libélulas: Introducción a las especies ibéricas.

Autor: Víctor J. Hernández. Ilustracións: Calros Silvar. Formato: 21X10 cm. DESPLEGABLE.

Doado por Calros Silvar.

5 €

Taza do Certame de debuxo “Vida silvestre do encoro de Cecebre”. Ilustración de Calros Silvar (cortesía de Emalcsa).

10 €

Experiencia naturalista: Saída ao P.N.Fragas do Eume.

Manuel Cernadas e Elia Pérez ofrecen un roteiro naturalista (3 horas) ao P.N.Fragas do Eume a un grupo de 4-5 persoas, para desfrutar da fauna e flora que habita a carón do río Eume.

15 €

Caderno de Natureza de Tundra ediciones (Nº 15): Árboles: Introducción a las especies ibéricas.

Autor: Víctor J. Hernández. Ilustracións: Calros Silvar. Formato: 21X10 cm. DESPLEGABLE.

Doado por Calros Silvar.

Non dispoñible

Póster enmarcado ilustrativo da riqueza ornitolóxica de Doñana, cos nomes comúns e científicos das especies. Co deseño e ilustracións do artista e pintor de natureza Juan Varela.

Medidas: 60 x 42 cm. Con marco: 61 x 51 cm.

Doado por Juanda Presa.

18 €

Póster enmarcado con debuxos de Juan Varela das 36 especies de rapinas diurnas máis frecuentes en Europa e os seus nomes científicos e comúns en castelán e inglés.

Gran formato. Medidas: 100 x 70 cm. Con marco: 102 x 70 cm.

Doado por Juanda Presa.

25 €

Instruccións para doar no Faiado de Hábitat Protexe:

Todo o recadado por adquirir os obxectos ou experiencias naturalistas do Faiado vai destinado INTEGRAMENTE para a entidade de custodia do territorio que escollas.

  • É imprescindible a introdución dos teus datos para poder poñernos en contacto contigo e formalizar a doazón.

  • Só poden participar maiores de idade.

  • Recibirás un correo electrónico con toda a información da túa aportación persoal.

  • Unha vez recibida a túa solicitude, un/ha compañeiro/a do GN Hábitat porase en contacto contigo para indicarche o xeito de formalizar a doazón.

  • As experiencias non teñen data fixa de realización, será mediante acordo entre ambas as dúas partes.

  • Le atentamente e responde a todas as cuestións necesarias. Para calquera dúbida ou aclaración, podes poñerte en contacto en: habitat@gnhabitat.org / 981 135 014.

Tamén podes colaborar doando materiais que podan axudar a recadar fondos para as entidades de custodia do territorio que traballan para conservar o noso Patrimonio Natural. Se estás interesad@, podes poñerte en contacto con nós en habitat@gnhabitat.org.