
Porcentaxe por federacións ou asociacións independentes que concorreron ao concurso de subvencións por gastos, investimentos ou proxectos medioambientaisAsí as cousas, o “vello” movemento ecoloxista galego tería que alegrarse da chegada dun “novo” movemento ecoloxista totalmente descoñecido e, sabedores do esforzo que require a elaboración dun proxecto ambiental completo, tan competente como para acumular proxectos merecedores de sumas récord en axudas, coa mente aberta e rachando tópicos, que parte maioritariamente dende as comarcas do rural e que se presenta organizada, sen fisuras, cun único proxecto: mellora-lo medio ambiente galego. Mágoa que décadas de esforzo non chegasen para conseguirmos estes obxectivos dende o vello movemento, mágoa que a experiencia nos abra os ollos e non confiemos nesta federación que nunca nos invitou a unirnos a eles, da que apenas coñecemos un rostro.Por todo isto, queremos recordar á sociedade que o reparto das axudas pola resolución do 3 de outubro da Consellería de Medio Ambiente publicada no DOG o 16 de outubro de 2008 foi cando menos arbitrario, algo que xa anticipaba a lei de subvencións 9/2007 feita a medida para novas asociacións e federacións. Queremos tamén recordar aos cidadáns preocupados polos problemas medioambientais que confíen na experiencia dalgunha das múltiples asociacións ou persoas vinculadas ao ecoloxismo ou ao coñecemento da natureza dende hai décadas e desconfíen desta nova federación que está a ser tan beneficiada pola administración: a FEGAMA, que ademais, segundo informa a prensa (ver EL PAÍS-Galicia, 7 e 8 de novembro de 2008, entre outros), moita da súa experiencia non era en medio ambiente, senón no sindicato agrario UUAA, afín á UXT, son máis que sospeitosas. Pedimos pois á nosa administración un mellor criterio e máis seriedade e transparencia no reparto de subvencións con cartos públicos en materia medioambiental.
Leave A Comment