Velaquí unha nova xornada de implicación e compromiso ambiental. Nesta ocasión, e da man dos usuari@s de Accem (entidade que traballa para mellorar a condición de vida das persoas en situación de vulnerabilidade, promovendo -entre outras accións- a figura voluntariado con persoas en risco de exclusión, migrantes e refuxiadas), densenvolveremos unha nova actividade no marco da nosa iniciativa “Hábitat sen lixo”, que pretende a retirada de residuos da nosa contorna. Nesta ocasión visitaremos de novo a praia de Riazor (A Coruña), para retirar canto lixo atopemos.
A xornada, de balde e aberta ao público de calquera idade, terá lugar o mércores 21 de febreiro do 2024, ás 10:30h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment