O venres, 3 de novembro do 2023, de 20:30h a 22:30h, terá lugar un novo Encontros Naturalistas de Anfibios en Carral (A Coruña), onde descubriremos as especies que habitan nunha das parcelas que custodia Brexa, a entidade de custodia do territorio coa que colaboramos nesta ocasión.  

Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Achégate connosco!