Os días 30 de setembro e 1 de outubro do 2023 celebrase o Día das Aves 2023. Ao igual que o ano pasado faremos actividades os dous días para que tod@s poidamos desfrutar e aprender das aves e divulgar a súa importancia nos nosos ecosistemas e na nosa contorna.
O sábado, 30 de setembro do 2023, acompañaremos ao Grupo de anelamento Hércules de 09h a 12:30h nunha xornada de ANELAMENTO CIENTÍFICO DE AVES no Estuario do Anllóns, en Ponteceso. Unha oportunidade única para poder ver de preto o impagable traballo que levan a cabo os nosos grupos de anelamento para aumentar o coñecemento sobre as aves que nos rodean.
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación (10 prazas).
| Anelamento científico de aves | Soci@s | Non soci@s |
|---|---|---|
| Adultos (maiores de 14 anos) | 10 € | 15 € |
| Nenos (menores de 14 anos) | 5 € | 8 € |
Ao longo da fin de semana realizaremos tamén varias xornadas de OBSERVACIÓN E INICIACIÓN ÁS AVES en diferentes localizacións:
O sábado, 30 de setembro do 2023, de 10:30h a 13:30h
- A Coruña.
O domingo, 1 de outubro do 2023, de 10:30h a 13:30h
- Complexo dunar Razo – Baldaio.
- Encoro de Abegondo-Cecebre.
- Ría de Betanzos – Pazo de Mariñan.
- Lagoa de Alcaián.
- Malpica.
| Puntos de observación de aves | Soci@s | Non soci@s |
|---|---|---|
| Adultos (maiores de 14 anos) | 5 € | 8 € |
| Nenos (menores de 14 anos) | 3 € | 5 € |
Estas actividades serán guiadas por ornitólogos/as voluntarios/as do G.N. Hábitat.
Para poder asistir a estas actividades tes que inscribirte neste formulario:
Tes ata o xoves, 28 de setembro, para inscribirte!!!
No correo de reserva de praza recibirás as instrucións para realizar o abono.
O importe destas actividades van dirixidas á nosa inciativa VIXÍAS, que pouco a pouco vai comezando a loitar contras as agresións ambientais, ampliando o número de vixías e a conservar algún espazo natural de forma activa. Moitas gracias por colaborar con este proxecto e animámoste a que sexas un novo vixía e reportes problemas ambientais de onde vivas para seguir traballando pola conservación dos nosos espazos naturais.
É importante que recordes que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido.
Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment