Retomamos a XI promoción de Escola de Naturalistas con un bloque especial que estará centrado no traballo que levan a cabo os nosos compañeiros da Soceme, que nos adentrarán nos “Programas de seguimiento de Mariposas” (BMS) e que se levan a cabo en máis de 20 países de toda Europa.

Con eles/as iniciarémonos no coñecemento e estudo dos lepidópteros, ademais teremos o pracer de acompañalos nunha saída á natureza onde nos amosarán as técnicas empregadas para participar como voluntarios/as no programa de seguemento.

Este bloque de contidos virá impartido pola compañeira da SOCEME:

Saba González:

Coordinadora en Galicia do programa de seguimento de bolboretas diúrnas en Galicia (BMS). Naturalista con máis de 15 anos en formación, consultoría ambiental e ciclo integral da auga. Participa activamente en programas de voluntariado e educación ambiental.

 

Vémonos na Escola compañeiros!


Coa colaboración de