Continuamos ca XI promoción de Escola de Naturalistas. Este séptimo bloque estará adicado á entomoloxía, coa charla “Introdución á entomoloxía” e a súa correspondente saída de campo. Afondaremos neste extenso á par que abraiante mundo dos invertebrados terrestres, coñeceremos as diferentes técnicas de estudo, ademais de consellos e experiencias útiles para os que se queiran iniciar neste apaixonante mundo.

Este bloque de contidos virá impartido polo compañeiro do G.N.Hábitat:

Jorge Angel Ramos Abuín

Licenciado en Bioloxía Animal pola Universidade de Santiago, relator en diferentes Xornadas e Congresos Ibéricos de Entomología, ademáis do Congreso Internacional de Coleopteroloxía celebrado en Barcelona en 1989. Ten publicado un libro de texto de Bioloxía e numerosos artigos entomolóxicos. Do seu labor investigador recente destacamos o proxecto Transgalaica, a súa intervención no descubrimento da larva de Cychrus spinicollis e a redescripción da larva de Eucarabus deyrollei.

Vémonos na Escola compañeiros!


Coa colaboración de