Dende que tivemos coñecemento da intención de celebrar no Parque de Bens o Festival Wake up & Dream, dende o Grupo Naturalista Hábitat, enviamos comunicados ás diferentes Administracións competentes (26 de xuño), expoñendo o impacto que este concerto pode xerar sobre hábitats e especies protexidas que están presentes na contorna do parque, e recomendando buscar unha nova localización máis adecuada a este tipo de eventos.
Resaltamos que este parque e a súa contorna (Espazo Natural de Interese Local Illas de San Pedro e tamén Monte de San Pedro) é unha das zonas de maior interese natural do concello da Coruña.
As características do concerto (música electrónica, aglomeración de persoas) faino ecoloxicamente lesivo por celébrase na época de cría de especies protexidas que cría dentro do parque e na súa contorna inmediata.
As instalacións do concerto, coa maquinaria necesaria, así como os residuos derivados da súa montaxe, poden supoñer unha afección aos escasos espazos con hábitats de interese comunitaria que se atopan aínda nese parque.
Hoxe, e en colaboración cos compañeir@s de Ecoloxistas en Acción, enviamos aos medios unha nota de prensa alertando que o festival supera xa os umbrais permitidos no Parque de Bens e que a súa realización terá importantes impactos ambientais.
Podedes ver a nota de prensa completa na seguinte ligazón:
Proxecto Vixías. Iniciativa coa colaboración de


Leave A Comment