Velaquí unha xornada moi especial dos nosos benqueridos Encontros Naturalistas. Desta volta procuraremos combinar dous eidos que, sen dúbida, manifestan ter moi boa sintonía: a natureza e a música. Os sons da nosa fauna invaden tódolos recunchos imaxinables, servindo tanto para o deleite do naturalista como de inspiración para o artista. Xorde así a idea desta sorte de concerto ambiental, no que pequenos e maiores serán máis que benvidos.

Tal experiencia precisa de varios mestres de cerimonias. Por unha banda, a música virá a cargo de Pablo Rubén Fernández, quen leva as súas cancións -e as de outros artistas- por diversos escenarios de Galicia dende 1997. Fai máis de 15 anos acompáñalle á voz Andrea Seijo, quen consegue que tanto os seus temas, como as versións que fan acotío, acaden todavía maior presenza e brillantez.

E pechando o elenco de convidados teremos ao compañeiro e avezado naturalista, Cosme Damián Romay, quen arroupado por algúns sons da natureza poñerá a nota ambiental da tarde, facendo de teloneiro das diferentes cantigas que poderemos escoitar.

O concerto, de balde e aberto ao público, terá lugar o vindeiro luns, 12 de xuño, ás 20h, no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña –ver localización no mapa-). Para a asistencia e participación neste formato presencial é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Agradécese a asistencia do público de xeito presencial, para poder gozar do concerto en persoa. Así e todo, se non te podes achegar ou se quedasen as prazas cubertas, tamén poderás conectar a través das nosas canles nas redes sociais.

Podes serguir o directo na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

Agardámoste!

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014