Como todos os anos, comprácenos anunciarvos a celebración da X xornada no marco da iniciativa “Especie do Ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo“. Este ano 2023 a especie escollida é un musgo moi especial, Schistostega pennata, o musgo luminoso, ou como lle chaman en Inglaterra, Goblin´s gold, ouro de trasgos (ou de duendes en castelán). Un musgo que tapiza as paredes e solos de zonas escuras e cando é iluminado, brilla cunha luz verde esmeralda. E como é que un musgo emite esa luz? Pois teremos que descubrilo o próximo sábado, 3 de xuño, de 10 a 14h, nunha xornada chego de musgos e de xente que ama e estuda estas plantas.

  • Manuel Pimentel: doutor en Bioloxía e investigador en filoxenia e evolución de plantas vasculares, especializado en gramíneas. Traballa no departamento de  botánica da Universidade da Coruña, onde imparte as materias de Criptogamia e Fanerogamia. É un gran apaixonado dos musgos. Leva desde fai uns anos no bloque de Botánica da nosa Escola de Naturalistas.
  • Marta Nieto-Lugilde: doutora en Bioloxía e actualmente está a realizar os seus estudos de  postdoutoramento na Universidade de Duke nos Estados Unidos, centrados en musgos. 
  • Jairo Robla Suárez: Biólogo pola Universidade de Oviedo. Está realizando actualmente a súa tese de doutoramento na Estación Biolóxica de Doñana. Ademais de coñecedor de Schistostega pennata, a Especie do ano 2023 na RB, é gran apaixoado dos artrópodos cun libro recentemente publicado (La astucia de los Insectos y otros Artrópodos) e coordina o proxecto “Biodiversidade Asturias”.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro sábado, 3 de xuño do 2023, en horario de 10 a 14h, na Rectoral de Celas (Culleredo).

Para a asistencia á xornada é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na xornada ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Podes serguir o directo na nosa canle de Youtube:

Agardámoste! Non podedes perder esta oportunidade para aprender cousas super interesantes dos musgos!!