O pasado domingo 14 de maio celebramos a X Maratón Ornitolóxica da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” que este ano formou parte das V Xornadas sobre ornitoloxía da citada reserva . Esta actividade formativa e lúdica consistiu en identificar por equipos o maior número posible de especies de aves silvestres dentro dos municipios da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” agás Miño e Sobrado [Territorio Leader Mariñas-Betanzos], durante un máximo de 18 horas.
A meteoroloxía acompañou cunha xornada de sol e bo tempo aos 31 observadores que se animaron a descubrir a riqueza ornitolóxica da nosa contorna, nun total de 7 equipos participantes.
O equipo número 1, formado por Damián Romay, Orestes Martínez, Sabine Hampl e Sonia Uceira, non tivo rival e alzouse coa victoria cunha abraiante cifra de 91 especies avistadas e 127 puntos en total.
O equipo nº 3, cun total de 79 especies detectadas e 101 puntos, acadou o segundo posto na maratón
Finalmente o equipo nº 7, con 71 especies detectadas e 89 puntos, quedou co terceiro posto na maratón. Cabe salientar que este equipo empregou transporte sostible nos seus desprazamentos ao longo da xornada, o que da máis valor aínda ás súas cifras.
Os resultados gloabis foron impresionantes, chegando as 117 especies de aves detectadas en total ao longo da maratón entre todos os participantes. Cifras que fixeron que tanto monitores como asistentes, gozaran dunha xornada estupenda chea de bos momentos e moitas aves para a lembranza.
Este é o resumo das cifras por equipos:
| Equipo | Nº Especies | Puntuación |
|---|---|---|
| Equipo 01 | 91 | 127 |
| Equipo 03 | 79 | 101 |
| Equipo 07 | 71 | 80 |
| Equipo 05 | 70 | 77 |
| Equipo 04 | 69 | 75 |
| Equipo 02 | 65 | 69 |
| Equipo 06 | 58 | 58 |
| Total especies | 117 |
Consulta aquí a lista completa de observacións por especie e Equipo.
A nosa noraboa aos gañadores, e o noso máis sincero agradecemento a tódolos participantes polo seu esforzo, e por facer que cada ano siga a medrar a paixón polas aves da nosa contorna. Así mesmo, queremos dar as grazas ao concello de Culleredo por cedernos as súas instalacións e á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo por seguir apostando un ano máis pola realización destas xornadas.
Vémonos na seguinte!!




Leave A Comment