Este sábado, 18 de marzo do 2023, de 10h a 14h, faremos unha actuación de plantación de árbores autóctonas no Montefaro (Ares, A Coruña) con Afundación – Obra Social ABANCA e da man de Betula, Asociación para a custodia do Bosque Atlántico.
Plantaremos 150 árbores e tamén controlaremos os rebrotes dos eucaliptos que foron talados fai un tempo por Betula e tamén plantaron algunhas árbores. O que faremos e contribuir na continuación do paso a unha plantación de árbores exóticas comerciais a unha de especies autóctonas. Así pois, se queres arrimar o hombro connosco, inscríbete no seguinte formulario:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment