Esta semana tes unha nova cita nos nosos Encontros Naturalistas online. Nesta ocasión traspasaremos fronteiras para coñecer en detalle o proxecto da gran muralla verde de África, así como os seus posibles efectos negativos na biodiversidade adaptada ás duras condicións do Sahel. Esta viaxe ao continente veciño farémola da man de Marisa Naia, Bióloga, con Máster en Biodiversidade, Xenética e Evolución. Durante o desenvolvemento dos seus estudos, Marisa traballou en conservación da biodiversidade en rexións áridas, onde realizou o traballo sobre o muro verde do Sahel vencellada ao CIBIO/InBIO – Centro de Investigación en Biodiversidad y Recursos Genéticos. Actualmente traballa en comunicación científica.

A emisión desta conferencia será o xoves 15 de xullo, ás 20:30h. Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

A poñente convidada nesta conferencia é de orixe portuguesa, polo que a intervención será principalmente nesta lingua. Así e todo, Marisa procurará desenvolver a charla dun xeito pausado, facilitando a comprensión por parte do público.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

Agardámoste!