O pasado 9 de xullo o G.N. Hábitat enviou alegacións ao proxecto de construción do parque eólico Campelo, na contorna da Braña Rubia e Monte Castelo, nos concellos de Coristanco e Santa Comba, por estar dentro da distribución dunha especie catalogada “en perigo de extinción”.
Na documentación do proxecto de construción do parque eólico plantexase a colocación de parte dos aeroxeradores dentro da distribución da especie Centaurea ultreiae, catalogada “EN PERIGO DE EXTINCIÓN” no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007 do 19 de abril). A lei 9/2001 de conservación da natureza no artigo 65 tipifica como infracción MOI GRAVE, a destrución, morte, deterioro, recolección, comercio, captura ou exposición ou naturalización non autorizados de espécimes, catalogados como en perigo de extinción ou sensibles á alteración do seu hábitat, así como dos seus propágulos ou restos.
Este espazo debería ter as medidas de protección adecuadas para unha especie que ten a súa distribución mundial nesa zona e que calquera actuación, poderá supoñer unha alteración dos hábitats e das poboacións, non soamente da Centaurea ultreiae, senón de todas as que alí se encontren.

Leave A Comment