cartel_ci-habitat_4novembro

O vindeiro venres 4 de novembro o G.N.Hábitat, da man novamente dos compañeiros de Cooperación Internacional, desenvolveremos unha nova xornada de voluntariado coa posta en marcha dunha acción ambiental na marxe costeira coruñesa.

A xornada ten como obxectivo facilitar a participación social das empresas a través do coñecido como  voluntariado corporativo, que está a supoñer hoxe día unha magnífica ferramenta grazas a cal as empresas contribúen de xeito activo e voluntario á mellora non soamente económica, senón tamén social e ambiental da sociedade da que forman parte.

Agardamos de novo poder compartir experiencias, coñecementos e, de seguro, pasar unha estupenda xornada de traballo en equipo en prol da divulgación e conservación do patrimonio natural