O próximo sábado, 28 de novembro, achegarémonos a Couso, en Gondomar, para participar nunha xornada de plantación de árbores autóctonas que organizamos da man de SEO/BirdLife e da Comunidade de Montes de Couso. A actividade desenvolverase de 10:00 a 13:00 horas e será unha oportunidade para contribuír directamente á recuperación do bosque autóctono e á conservación da biodiversidade.

Ao longo da mañá, plantaremos especies autóctonas para contribuír á recuperación de hábitats naturais e favorecer a biodiversidade. Será tamén unha oportunidade para compartir coñecementos e colaborar na conservación e recuperación do noso patrimonio natural.

Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Achégate connosco!