Este xoves, 5 de novembro do 2026, nos reencontraremos cos compañeir@s de Down Coruña para levar a cabo unha nova xornada ambiental, fomentando unha #naturezainclusiva. Nesta ocasión achegarémonos á contorna do esteiro do río Mero para ollar á biodiversidade que acubilla, con especial fincapé na avifauna que aproveita os recursos desta zona húmida. 

A actividade enmárcase dentro do programa Coawa, unha iniciativa de Emalcsa que promove o coñecemento da auga, dos ecosistemas que dependen dela e da importancia de facer un uso responsable deste recurso fundamental para a vida.