Velaquí tes unha nova oportunidade para formar parte da historia natural da Torre de Hércules! O programa “Natureza kmØ” volverá a este fermoso espazo natural o domingo, 26 de xullo do 2026, ás 17h, para continuar coas tarefas de retirada de especies exóticas invasoras. Unha das iniciativas ambientais máis necesaria para a mellora dos hábitats de interese comunitaria que alí se topan.

* Sabías que nas 97 xornadas de traballo que levamos feitas ENIL Torre de Hércules, centradas na retirada de especies exóticas invasoras, teñen participado case 2.000 persoas! Toda unha demostración do músculo que ten a cidadanía á hora de conservar os espazos naturais, e un fermoso exemplo de implicación no voluntariado ambiental. Grazas a tod@s por facelo posible!.

A xornada será de balde e aberta ao público. Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Agardámoste!