O vindeiro sábado, 11 de xullo de 2026, organizaramos unha actividade de divulgación ambiental centrada nas libélulas e cabaliños do demo na Zona Especial de Conservación (ZEC) Encoro de Abegondo-Cecebre. 

A actividade desenvolverase de 10:30 a 13:30h en Crendes (Abegondo) e enmárcase dentro do programa Coawa, unha iniciativa de Emalcsa que promove o coñecemento da auga, dos ecosistemas que dependen dela e da importancia de facer un uso responsable deste recurso fundamental para a vida. O proxecto busca achegar á sociedade a relación existente entre a auga, o medio natural e as persoas a través de actividades divulgativas e experiencias no territorio.

A actividade é gratuíta e aberta ao público, para participar é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Anímate e ven connosco!