O vindeiro domingo, 26 de abril do 2026, de 17 a 20h, organizamos unha actividade no marco de Hábitat Protexe cun paseo para observar aves nos arredores do río Miño ao seu paso pola cidade de Lugo. Durante a xornada faremos unha pequena andaina pola Tolda, parando en distintos hábitats como zonas húmidas, bosques, pradeiras e zonas urbanizadas. Abordaremos a identificación de aves comúns, tanto terrestres como acuáticas, e trataremos temáticas como a ética da observación de aves, o uso do material óptico, das guías de campo e de aplicacións tecnolóxicas. A época do ano permitirá observar especies de aves residentes e tamén aquelas que veñen no verán como os recén chegados cirrios euroasiáticos, que forman colonias moi numerosas en Lugo.

A actividade terá unha cota de inscrición e o recadado nestas accións destinarase á Custodia do Territorio e á Defensa Ambiental a través do Proxecto Vixías. Con esta iniciativa queremos seguir loitando con máis forza para protexer os nosos espazos naturais e a biodiversidade das constantes perturbacións ás que están sometidos.

  • Socios/as G.N. Hábitat:
    • Menores de 18 anos: 5 €
    • Maiores de 18 anos: 8 €
  • Non socios/as G.N. Hábitat:
    • Menores de 18 anos: 8 €
    • Maiores de 18 anos: 15 €

Para participar é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Anímate e ven connosco!