Este sábado, 28 de marzo do 2026, de 10 a 13h, realizaremos un Hábitat Protexe cun Taller de Cantos de Aves en Elviña (A Coruña). Agora están as aves a tope cos seus cantos no inicio da época de cría, e é unha boa época para aprender a difenrenciar as aves a través das súas melodías.
Nesta época do ano, co inicio da tempada de cría, as aves están especialmente activas e os seus cantos convértense nunha ferramenta fundamental para a súa identificación. Trátase, polo tanto, dun momento ideal para aprender a recoñecer as especies a través das súas melodías e reclamos, afinando o oído e mellorando as nosas habilidades de observación na natureza.
Ao longo da xornada combinaremos explicacións prácticas con percorridos polo entorno, achegándonos á diversidade de aves presentes na zona e descubrindo a importancia do canto no seu comportamento.
A actividade terá unha cota de inscrición e o recadado nestas accións destinarase á Custodia do Territorio e á Defensa Ambiental a través do Proxecto Vixías. Con esta iniciativa queremos seguir loitando con máis forza para protexer os nosos espazos naturais e a biodiversidade das constantes perturbacións ás que se ven sometidos.
- Socios/as G.N. Hábitat:
- Menores de 18 anos: 5 €
- Maiores de 18 anos: 8 €
- Non socios/as G.N. Hábitat:
- Menores de 18 anos: 8 €
- Maiores de 18 anos: 15 €
Para participar é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Unha oportunidade perfecta para iniciarse ou profundar na identificación de aves polo oído e gozar da natureza nesta época tan activa do ano.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment