Este venres, 9 de xaneiro do 2026, comezamos andaina no marco do noso programa “Natureza kmØ” levando a cabo unha nova actividade de coñecemento, posta en valor e avaliación da contorna do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Torre de Hércules.
Será unha xornada dirixida ao alumnado e docentes da materia “Aspectos socioeconómicos da biodiversidade”, titorizada pola Dra. María J. Servia e o Dr. José A. Cortés, no marco do Máster Interuniversitario en Biodiversidade Terrestre (USC, UDC, UVigo), cuxo obxectivo principal é a formación de profesionais especializados na caracterización, conservación e xestión da biodiversidade terrestre. A asignatura aborda a relación entre a sociedade humana e a biodiversidade, especialmente o coñecemento dos diferentes puntos de vista sociais sobre a conservación da diversidade biolóxica.

Leave A Comment