Comprácenos acoller a presentación do novo libro “Aves Wild Bird Photography”, coidadosamente elaborado polos naturalistas Fernando Pereiras de la Cal e Esteban Solleiro Pereira. Nesta magnífica obra, de gran formato, recóllense 296 imaxes de 229 especies de aves silvestres no seus hábitats, feitas polos autores ao longo dos últimos anos, a maioría en Galicia. Fotografías de exemplares en voo, en plena acción ou en momentos íntimos, enchen as páxinas desta fermosa publicación para o deleite dos amantes da fotografía e as aves.
E para coñecer esta obra polo miúdo teremos a sorte de contar connosco aos seus autores, nun relatorio de balde e aberto ao público que se levará a cabo o vindeiro sábado, 20 de decembro do 2025, ás 19h, nun formato exclusivamente presencial no local social do G.N.Hábitat (ver localización no mapa). A xornada rematará coa venda e sinatura de libros, para quen desexe facerse cun exemplar.
Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment