O vindeiro 12 de outubro do 2025, desde as 8 da mañá ata as 12 do mediodía, ofrecemos a tod@s @s soci@s do G. N. Hábitat un roteiro exclusivo polos montes de Alfoz e Mondoñedo para escoitar e ver os cervos en berrea. Será en concreto na Fraga Vella, un dos últimos hábitats ben conservados da media montaña da Mariña, e farémolo da man de Pedro Rolle, capataz forestal e técnico superior en xestión forestal e do medio natural.

A actividade é gratuíta para persoas asociadas ao Grupo Naturalista Hábitat. Hai un máximo de 20 prazas!  Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

 

Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Apúntate xa!