Estes meses realizaremos actividades en 15 ríos da zona de Galicia Norte, da man de Augas de Galicia, baixo o nome Vixías dos nosos ríos, co obxectivo de coñecer o seu estado de saúde, divulgar os seus valores ambientais, dar a coñecer as súas problemáticas de conservación e actuar sobre elas a través do voluntariado ambiental.

Todas estas actividades serán abertas ao público ou desenvolveranse con centros educativos, porque, como sempre dicimos, todas as persoas debemos coñecer o noso Patrimonio Natural para, entre todos, poder conservalo. Neste caso, pretendemos formar a futuros Vixías dos nosos ríos, para que coñezan os bosques de ribeira, a fauna que vive neles e as especies que a ameazan, e así poidan loitar pola súa conservación.

Iremos informando de todas as actividades que se vaian lanzando (podes filtrar a táboa):

Data Actividade Lugar Estado
05 nov 2025
mer. · 12–14
Retirada EEI nas Fragas do Eume (Pontedeume) Río Eume Aberta
05 nov 2025
mer. · 20:30
Relatorio resultados Norte Presencial e online Aberta
26 oct 2025
dom. · 10:30–13:30
Limpeza de residuos (Aranga) Río Mandeo Finalizada
25 oct 2025
sab. · 10:30–13:30
Obradoiro macroinvertebrados (As Pontes) Río Eume Finalizada
19 oct 2025
dom. · 12:00–14:30
Voluntariado EEI (Ortigueira) Río Baleo Finalizada
19 oct 2025
dom. · 09:30–12:00
Macroinvertebrados (Ortigueira) Río Baleo Finalizada
18 oct 2025
Sáb. · 16:30–19:30
Voluntariado EEI (Ortigueira) Río Mera Finalizada
18 oct 2025
Sáb. · 10:30–13:30
Roteiro divulgativo (Ortigueira) Río Mera Finalizada
11 oct 2025
sab. · 10:30–13:30
Andaina ambiental (Mañon) Río Sor Finalizada
10 oct 2025
ven. · 16:30–18:30
Voluntariado lixo (A Laracha) Río Anllóns Finalizada
10 oct 2025
ven. · 20:30
Diversidade Vexetal das fragas riparias da Galicia costeira Charla Online Finalizada
09 oct 2025
xov. · 20:30
Presións e Impactos Fluviais Charla Online Finalizada
08 oct 2025
mer. · 10:30–13:30
Voluntariado Especies Exóticas (Neda) Río Belelle Finalizada
04 oct 2025
sab. · 10:30–13:30
Macroinvertebrados (Miño) Río Xarío Finalizada
28 sept 2025
dom. · 10:30–13:30
Macroinvertebrados (Cambre) Río Mero Finalizada
27 sept 2025
sab. · 10:30–13:30
Limpeza de residuos (Narón) Río Xubia Finalizada
14 sept 2025
dom. · 10:30–13:30
Voluntariado EEI (Ortigueira) Río Mera Finalizada
12 sept 2025
ven. · 17:00–20:00
Obradoiro macroinvertebrados (Laracha) Río Anllóns Finalizada
11 sept 2025
xov. · 20:30
Charla Bioindicadores e metodoloxías... Local Hábitat en online Finalizada
07 sept 2025
dom. · 10:30–13:30
Obradoiro macroinvertebrados (Carral) Río Barcés Finalizada
06 sept 2025
sab. · 17:00–20:00
Ruta divulgativa (Monfero e A Capela) Río Eume Finalizada
31 ago 2025
dom. · 10:30–13:30
Control de plantas invasoras Río Belelle (Neda) Finalizada
29 ago 2025
ven. · 17:00–20:00
Limpeza de residuos Río Barcés (Carral) Finalizada
24 ago 2025
dom. · 10:00–13:00
Voluntariado ambiental para retirada de residuos Desembocadura do río Mero, O Burgo (Culleredo) Finalizada
21 ago 2025
xov.
Traballo no río Xariño co Campamento Deporte e Xestión: retirada de Tradescantia fluminensis Miño Finalizada
20 ago 2025
mér. · 17:00–20:00
Control de exóticas no río Lambre (Crocosmia × crocosmiiflora) Miño Finalizada
17 ago 2025
dom. · 10:30–13:30
Andaina ambiental + obradoiro de macroinvertebrados Río Sisalde, Arteixo Finalizada
16 ago 2025
sáb. · 10:30–13:30
Retirada de exóticas coa ACT Brexa (Phytolacca americana, Crocosmia, Tradescantia) Río Brexa, Carral Finalizada

As xornadas son de balde e abertas ao público. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Este voluntariado ambiental encádrase no programa de actividades de “Vixías dos nosos ríos, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.

Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org639 13 16 88

      inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Anímate e forma parte dos Vixías dos nosos ríos!